Que é nemopilots.com

NemoPilots é unha plataforma cloud que se distribúe en modelo SaaS (Software as a Service) e que provee unha completa solución para a xestión integral dunha Corporación de Prácticos

Ao ser una ferramenta web está dispoñible as 24 horas desde calquera ordenador, tableta ou teléfono con conexión a Internet. Cada usuario terá acceso a zonas diferentes do programa, segundo o seu perfil. Así os coordinadores de tráfico terán acceso ao AIS, a base de datos de buques ou os datos sobre manobras anunciadas, mentres que a empresa de asesoría accedería só a datos relevantes para a contabilidade ou o responsable de mantemento das embarcacións accedería só a información sobre consumos, reparacións e mantemento preventivo.

Nemopilots.com desenvolveuse a partir de NemoPilots, o noso ERP de escritorio, polo que ten a garantía de máis de doce anos de funcionamento e máis de trescentos usuarios, entre prácticos, coordinadores, patróns, mariñeiros, persoal administrativo e asesores externos.

Nemopilots.com está certificado cunha ISO 20000 . O persoal clave de nemopilots.com está certificado tamén en ITIL, o que garante que durante o desenvolvemento, posta en marcha e explotación do produto se seguiron e se seguen as mellores prácticas en seguranza, dispoñibilidade e continuidade de negocio.